Ofrecemos unha gama completa de servizos comerciais adaptados ao teu produto e mercado, complementados co apoio de empresas especializadas en desenvolvementos tecnolóxicos e en consultoría de axudas para financiamento e transformación dixital.
Xestión Comercial Personalizada
Adaptamos a estratexia comercial segundo o sector, a zona e o tipo de produto, garantindo unha presenza activa e eficaz en cada punto de venda.
Detectamos oportunidades reais no territorio, escollemos os puntos de contacto axeitados e comunicamos o valor do produto con criterio, coidando tanto os prazos como os obxectivos comerciais da marca.
Desenvolvemento de Marca no Punto de Venda
Impulsamos a visibilidade das marcas con accións comerciais coordinadas e presenza regular, coidando imaxe, exposición e comunicación.
Aseguramos que cada produto se vexa, se entenda e se valore. Revisamos a colocación, falamos co persoal, analizamos o entorno competitivo e achegamos ideas para mellorar o posicionamento no lineal ou na zona de exposición.
Consultoría Comercial
Avaliamos o potencial de cada marca no mercado e propoñemos accións realistas para medrar de forma sostible e eficiente.
Estudamos a competencia, o comportamento do punto de venda e os hábitos de consumo locais. A partir de aí, definimos unha folla de ruta clara que axude a entrar ou consolidarse con sentido estratéxico.
Xestión Multicarteira Coordinada
Representamos varias marcas sen perder o foco, ofrecendo seguimento individualizado e equilibrado segundo as súas necesidades.
Organizamos o tempo e os recursos para que cada marca teña a visibilidade que precisa. Coidamos a coherencia na mensaxe, evitamos solapamentos e garantimos unha representación profesional e seria en cada visita.
Seguimento e Informes de Resultados
Recollida de datos, análises regulares e informes claros que permiten tomar decisións baseadas en feitos e detectar oportunidades a tempo.
Documentamos cada visita, incidencias e avances, e traducimos todo iso en informes útiles para a marca. Así podes saber que está a pasar, que funciona e que se pode mellorar en tempo real.